10/6/17

Resumen do proxecto

Bueno, nesta entrada do blog vouvos a explicar en que consistiu o noso proxecto do 3º trimestre de informática. Creamos unha conta de Instagram que se chama @galicoris, no que a xente nos mandaba fotos de Coristanco para subilas. Tamén creamos un blog, ao que lle chamamos tutoriais galipedia,  no que íbamos explicando como funcionaba a Galipedia e como se subían imaxes a ela para as persoas que querían iniciarse á Galipedia e non sabían como. No blog eu fixen a introducción e algunhas capturas para que fose máis doado seguir os artigos que explicamos. Eu e Patricia Pose fixemos un folleto que subimos a Instagram para que a xente se animase a participar. Eu tamén fixen un logo, que trata dunha G coa imaxen da Galipedia de fondo. Creamos artigos na Galipedia, eu modifiquei os artigos de Cereo, añadindo o relevo, a vexetación e a hidrografía; o de Couso, añadindo a toponimia e o de Valenza, añadindo a toponimia. Fun sacar imaxes para subilas á conta de instagram como por exemplo a das Torres de Nogueira e algunha que me parecía moi bonita e que identificaba a Coristanco. Este é o resultado do noso logo:
 

2/6/17

Continuación do proxecto final

Nestes días estiven modificando a información de Cereo na Galipedia, xa que tiña pouca. Añadín a vexetación, o relevo e a hidrografía. 
Tamén modifiquei o artigo de Couso, añadindo a toponimia, que aínda non me dou tempo a acabala de todo, pero seguirei o próximo día na clase.