29/4/17

Continuación do proxecto final

Nestes días Patricia Pose e eu estivemos a facer un folleto para que proximamente sexa repartido por todo o colexio e que lle chegue a información necesaria a todos os rapaces e rapazas, para que poidan saber de que vai o noso proxecto e nos poidan axudar con el enviándonos imaxes de lugares de Coristanco á nosa conta de instagram. Eu tamén estou a facer un logo, que cando o acabe subirei ao blog da Galipedia explicándoo nunha entrada. Tamén estiven modificando a apariencia do blog e poñéndolle algúns elementos para que sexa máis doado encontrar as cousas. Patricia Bardanca segue subindo entradas ao blog para saber como funciona a Galipedia.

1/4/17

Proxecto final

Estamos a facer un proxecto final para a clase de informática e eu e máis dúas rapazas máis eleximos traballar coa Galipedia. Decidimos traballar con ela porque ten algúns artigos sen completar e fáltalle información. Para este proxecto decidimos facer unha campaña para que a xente nos axude con fotos e información, e para iso creamos unha conta de instagram que se chama @galicoris. Nesta conta a xente pode colaborar con fotos para que proximamente poidamos subilas á Galipedia. Tamén creamos un blog para as persoas que queiran iniciarse á Galipedia e non saiban como, onde imos publicando artigos.
Por agora eu creei o blog e fixen a introdución, xa que teño poucos coñecementos da Galipedia. Tamén lle saquei unhas capturiñas á Galipedia e subinas a algúns dos artigos do blog que a miña compañeira creou, xa que ela ten máis coñecementos da Galipedia.

Algo a maiores

Durante este trimestre estivemos a facer unha páxina web con HTML, CSS e JavaScript. Nun dos requisitos que nos pedían era facer algo que nós quixéramos. Eu decidín facer dúas cousas moi sinxelas:
- A primeira foi poñer unhas listas para que a miña páxina quedase máis ordenada. Para iso entrei nesta páxina. Xa que aí explican moi ben. Para facelo hai que pegar o seguinte códido no CSS:

ul {
text-align:center;
list-style-type:square;
}

Eu púxenlle text-align:center porque o quería centrado na páxina e square porque o quería en forma de cadrado, pero non fai falta. Se o queres poñer en forma de punto solo tes que cambiar o square por disc.
Despois hai que ir á páxina onde o queiras poñer e pegar o seguinte código:

<ul> <li>Nicky Jam</li> </ul>
<ul> <li> Daddy Yankee</li> </ul>
<ul> <li>Wisin</li> </ul>

Xa teríamos a nosa páxina máis organizada. Quedaría así:


- A segunda cousa que añadín a miña páxina foi unhas cancións. Para iso hai que poñer o seguinte código:

<audio id="sonido" src="musica/daddyyankee.mp3" controls> </audio>

No src tes que poñer a dirección da canción. Quedaría así:


Se necesitas algún tutorial sobre HTML, CSS e/ou JavaScript entra en W3Schools.