3/2/17

Comentario sobre unha páxina web

Hoxe vouvos a comentar unha páxina web. A páxina que escollín chámase Shein, é unha páxina de roupa online. Nela podes encontrar calquera tipo de vestimentas.

PUNTO DE VISTA ESTÉTICO:
As cores que usa son sobre todo o branco e o negro, aínda que tamén usa algo de vermello e gris. Sempre cores pálidas. Utiliza só unha tipografía. Parece ser que utiliza a tipografía Calibri. O contido está distribuído en bloques na parte superior e estes ábrense en columnas, onde tamén aparecen exemplos de roupa en imaxes. As imaxes son a parte principal desta páxina, van acompañadas dun breve texto na parte inferior. Nas páxinas secundarias séguese a manter o mesmo deseño que na portada. É unha páxina onde se atopa facilmente o contido e é doada de leer. Na parte superior tamén podes elixir o idioma e o tipo de moeda. Paréceme interesante como combinan a páxina principal coas demais sen ningún problema. Eu creo que se poderían mellorar as cores das páxinas, xa que sempre usa cores moi pálidas.

PUNTO DE VISTA TÉCNICO:
No menú podes encontrar calquera tipo de prenda, pero se queres ir directamente a unha en concreto, hai un buscador na parte superior dereita. É moi doado buscar nesta páxina xa que se andas perdida, podes solicitar axuda en línea. Para acceder ás páxinas secundarias, basta con pinchar nalgunha imaxe ou texto. Na parte superior da páxina hai unha animación dun texto e na portada tamén hai algunha animación nalgunha das imaxes. É moi cómoda e clara de usar. Recoméndoa.