13/12/16

Portada GIMP

Estes días estivemos facendo unha portada. Está feita con GIMP. Para facer isto necesitamos ter en conta os seguintes pasos:
1. Cada imaxe e cada texto teñen que estar en diferentes capas.
2. Tendo en conta o primeiro apartado, abrimos o fondo. Para abrir as seguintes imaxes temos que abrilas como capas (arquivo "abrir como capas"). 
3. Imos recortando as imaxes coa ferramenta de selección libre e colocándoas na capa fondo.
4. Coa ferramenta de texto, escribimos o autor, o título e a editorial.
Xa teríamos a nosa portada con GIMP feita. Este é o meu resultado: