24/10/16

Función básica

Hoxe vouvos explicar unha función básica de Inkscape nun microtutorial: os tipos de zoom. Hai tres tipos:




Entrades en Inkscape e facedes dúas figuras ou debuxos. Neste caso eu fixen dúas estrelas.




 Se pinchamos en "ajustar selección a la ventana" (resaltado en cor rosa),
esta amplíanos a figura que está seleccionada nese mesmo momento.


 



Se pinchamos en “ajustar el dibujo a la ventana” (resaltado en cor rosa), esta amplíanos as figuras que teríamos feitas nese mesmo momento, neste caso dúas.





Se pinchamos en “ajustar la página a la ventana” (resaltado en cor rosa), esta amplíanos a páxina na que estamos a traballar.






14/10/16

Pelota con bote

Estes días estivemos a facer unha animación en Inkscape. Para facer iso temos que facer 12 escenas con un chan e un fondo. Temos que ir movendo a pelota un pouco en cada escena. Despois temos que ir exportando todas as escenas individualmente. Ao rematar de exportar as escenas temos que entrar no GIMP e abrir as escenas como capas. Éste gardámolo como .gif e xa teríamos a nosa animación feita. Este é o meu resultado: